Versos Fatídicos (1994-2010), de Alfredo Ferreiro
Alfredo Ferreiro (AF).- "Fatídico" é esencialmente unha referencia explícita ao destino, e nese sentido entendo o traballo poético como un proceso gnóstico, como procura persoal de coñecemento; na mesma liña, asumo a poesía e a lingua secular da miña familia como descubertas coas que debo manter o meu compromiso, porque me tocan tan de perto que me definen e axudan a camiñar. Ao tempo, no plano social "fatídico" implica unha predición ou un vaticinio negativo: é o estigma, por un lado, que sofre esta cultura milenaria que foi o faro de media Europa no medievo e que agora, moribunda, non é recoñecida nen polos fillos que amamentou; por outro, a cruz que habemos de portar os escritores comprometidos co país... Non, mellor quero rectificar isto: a actitude dos escritores en galego non é unha cruz senón un facho que portamos desde hai moito con dignidade, e que vai indisolubelmente unida a outras reivindicacións conducentes á liberdade do individuo e da sociedade, tanto no sexual canto no social ou no nacional. Deste modo o esforzo persoal alimenta o compromiso social, e viceversa.
Alfredo Ferreiro, Versos Fatídicos (1994-2010), Positivas, Santiago de Compostela, Galiza
Sem comentários:
Enviar um comentário